Doble presentación dos libros editados por Editorial Imperdible a cargo de Pastora do colectivo Nais contra a impunidade e nai de Xosé. Por un lado “Que la lucha no muera. Ante la adversidad rebeldía y amistad” de Xosé Tarrío: Ante a brutalidade do réxime que sofren, a deshumanización das súas vidas, a tortura que padecen tanto el como os seus compañeiros presos e a tristeza que alaga o máis fondo das súas almas, Xosé decide sacar fóra dos muros toda esta barbarie por medio da escritura, dando vida a “Huye, hombre, huye”. Este libro de denuncia, esta alegación contra o sistema penal e penitenciario, estas ansias de liberdade, converteranse nun cuspe cheio de rabia e de reivindicación, cuspido ás mesmas caras que protagonizan e amparan a represión, traducíndose ao grego, italiano, alemán, inglés, francés e editado en Argentina.
Ademais deste libro escribe numerosos textos sobre diferentes temas, sobre todo de temática carceraria, pero tamén de análise da actualidade de fóra, que seguía tanto con interese como con preocupación. Compón poesías, a maioría destas dedicadas con moito amor á súa incondicional nai. Á parte realizou numerosos cadros onde predominan as cores vivas debido ao seu peche e a ausencia deles dentro de prisión.
Aquí reproducimos tanto este material como un capítulo dedicado a Xosé, no cal familiares, amigos e compañeiros lémbranlle dunha maneira especial, onde o agarimo e a pena son palpables. Por último, a súa nai Pastora contribúe cunha introdución que non deixará indiferente a ninguén, onde explica que é o que fixeron co seu fillo para que acabase falecendo.
Xosé transmítenos os seus sentimentos sen edulcorar, o que lle enche de odio e de amor: a institución carceraria, as drogas, o F.I.E.S., o patriarcado, o Estado, a sociedade, as inxustizas, a solidariedade, o amor, a amizade, a súa nai, a anarquía…
Sempre disposto a axudar á súa xente, dar a cara por eles e esixir o que é xusto. Percorrendo numerosos cárceres do estado, este insurrecto galego sabe ben do que fala, sendo dos primeiros presos en sufrir nas súas carnes o réxime F.I.E.S. O seu espírito ingobernable e a súa solidariedade entre rebeldes levaranlle a recibir multitude de partes, sancións, humillacións, cacheos, illamentos, vexacións, traslados, malleiras… pero iso non lle impedirá tentar fuxir unha e outra vez.
Foi un rebelde social, un anarquista de pura raza, nunca retrocedeu nas súas ideas, nin se vendeu por nada nin por ninguén, seguiu sempre cara a adiante coa cabeza ben alta, loitando ata que todos sexamos libres…
A súa vida enteira é pura rebeldía e iso nunca llo perdoaron.
Decidindo terminar dunha maneira deleznable coa súa vida, morrendo de cárcere o 2 de xaneiro do 2005.
Por outra banda “S.T.A.R. Acción travesti revolucionaria callejera. Supervivencia, revuelta y lucha trans antagonista”:
A finais de xuño de 1969 tiñan lugar os famosos disturbios de Stonewall. E neles tiveron un protagonismo especial Sylvia Rivera e Marsha P. Johnson, fundadoras de STAR (Street Transvestite Action Revolucionaries, Acción Travesti Rueira Revolucionaria). Pero, a miúdo, Sylvia e Marsha foron omitidas da historia oficial do movemento LGTB. En primeiro lugar pola súa raza, unha portorriqueña e a outra afroamericana. En segundo lugar, pola súa clase e polo orgullo e a solidariedade cara a esta que sempre tiveron, ejemplificados na casa comunal que mantiveron para que as trans adolescentes non tivesen que prostituírse ou nas súas relacións con outros grupos políticos rueiros. E, por último, polo carácter revolucionario que sempre outorgaron á súa loita, non contentándose con reclamar dereitos senón loitando por unha revolución tranformadora da vida e do mundo.
O libro comeza cun breve prólogo e unha introdución que nos axudan a situar a Sylvia, a Marsha e a STAR na historia do movemento LGTB. Diversos materiais como panfletos, entrevistas e discursos forman o groso desta edición, debullándose neles a acción directa continua que foi a vida de STAR e de quen participou no grupo, a súa necesidade de autodefensa fronte a unha sociedade que só lles ofrecía violencia. Pura dinamita. Nun breve epílogo, a editorial cóntanos a historia do que puido ser pero non foi algo así como un «STAR español», quedamos con ganas de máis.
«Somos as mozas do Stonewall
levamos o noso pelo rizado
levamos os nosos vestidos
por encima dos nosos xeonllos
mostramos o noso pelo púbico»