🌺 II Feira do Libro Anarquista de Pontevedra 🌺

Written by

·

Os días 24 e 25 de Maio convocamos a tódolos colectivos e individualidades simpatizantes coas ideas libertarias a xuntarnos na vila de Pontevedra nunha fin de semana de libros, fanzines, coloquios, palestras, música e obradoiros.

Velaquí deixamos o programa da Feira deste ano, que vén cheo de propostas interesantes. Ademais das presentacións e obradoiros, lembramos que durante ambos días haberá postos de diferentes editoriais e coletivos antiautoritarios.

Vémonos na Praza da Ferrería (Paseo Odriozola) os días 24 e 25 de maio para conspirar un pouco!

* * *

HORARIOS

Sábado 24
-11h Apertura da feira
-12h Presentación do libro: «Pecadoras – Genealogía de la cultura del castigo y las prisiones de mujeres», a cargo da súa autora Sol Abejón Olivera.
-13h Xantar e sesión vermú con DJ Tuna Loins
-16h Obradoiro de creación de fanzines.
-18h Presentación do libro: «Un círculo y una A. Anarquismo para jóvenes y adolescentes», a cargo do seu autor Hector C García.
-20h Bingo punk.

Domingo 25
-11h Obradoiro de creación de sellos exlibris en gravado, con Alouette machine.
-12h Presentación do libro: «Más allá del Burnout» + Dinámica, a cargo de Editorial Bauma.
-14h Xantar + concerto: Cibrán.
-15h Recital poético.