
🌻Nun momento no que asistimos entre a impotencia e a incertidumbre á fascistización progresiva da sociedade, onde os discursos reaccionarios recuperan toda a súa forza e ameazan as conquistas de batallas das que xa ninguén se lembra e a represión desmedida blinda unha maquinaria económica que usa de combustible o xenocidio, a devastación medioambiental e a explotación de toda forma de vida, pensamos que é máis urxente que nunca alimentar o pensamento crítico e dotarnos de ferramentas e soños cos que facer frente a este sistema monstruoso.
Con esa perspetiva, un ano máis (e van 3!) a vindeira fin de semana do 30 e 31 de maio volvemos celebrar a Feira do Libro Anarquista de Pontevedra na Praza da Ferrería. Unha fogueira na que reunirnos para escoitar, intercambiar materiais e críticas e tecermos lazos cara vidas máis vivibles. Durante os dous días haberá postos de material literario antiautoritario e diferentes actividades nas que vos convidamos a acompañarnos.🌼
Se tes unha distri ou editorial que penses que pode encaixar na nosa proposta, contacta para acudir co teu posto!
Pola anarquía. Contra a derrota.
Para todes todo. 🏴🖤
* * *
SÁBADO 30
11:00 Apertura da feira
12:00 Mesa redonda: A vivenda coma trincheira (con Grupo de vivenda colaborativa O Laghar, Xuntanza pola vivenda Compostela e Foro Socioeducativo As Ninguéns)
14:00 Recital poético «Xenealoxía do lume» + micro aberto (Lira, Alfredo Hanabi e convidades) +xantar vegano
16:00 Palestra: A cara oculta da IA e o dereito internacional á desconeixón (Xulio Carmona, Ecoloxistas en acción)
18:00 Presentación do libro «El malestar es otra cosa» de Javier Erro (a cargo do autor)
19:30 Bingo punk musical e concerto de CLAVO
DOMINGO 31
11:00 Obradoiro de postais con técnicas mixtas: Cianotipia, collage, estampación… (con Alouette machine)
12:30 Presentación do libro «Pulso de Galicia» de Víctor Oia (a cargo do autor)
14:00 Gran paella vegana e pinchada de DJ Tuna Loins
