,

Presentación do libro «Mulleres Libertarias na Galiza 1891 – 1976». 11 xuño, A Coruña.

Written by

·

Este xoves 11 de xuño falaremos disto na presentación do libro «Mulleres libertarias na Galiza 1891-1976» de Dionísio Pereira e Eliseo Fernández, introdución de Carmen Blanco.

O feito ten pasado case desapercibido na historiografía galega ate de agora, pero por iso non é menos relevante a notoria presencia da muller no mundo do traballo da Galiza contemporánea.

A represión padecida polas mulleres a conta do seu compromiso social ficou agachada porque as represalias específicas de xénero non foron recollidas, debido ás súas características vinculadas á exclusión social, nin polos xornais nin polos documentos de arquivo; aínda máis, as mesmas vítimas ou as súas familias as agacharon polo estigma de humillación e vergoña que levaron de seu.

* * *

Xoves 11 de xuño, 20h.
A Revolteira
Falperra nº 13
A Coruña

* * *

Se queres máis info do libro ou mercar unha copia: https://editorialimperdible.com/2026/04/28/nueva-edicion-mulleres-libertarias-na-galiza-1891-1976-eliseo-fernandez-dionisio-pereira-introduccion-de-carmen-blanco/